Formación e eventos

Nun mundo cambiante e dependente cada vez mais das novas tecnoloxías, é fundamental a formación. En Netcomunity deseñamos plans personalizados de formación técnica en Neurofeedback, Biofeedback, qEEG e outras neuroterapias. Segundo sexan as necesidades de cada empresa, garantimos a adquisición dos coñecementos específicos que os traballadores requiren para estar ao día en todo momento.

Obxectivos

Principalmente aumentar a eficacia e produtividade dos empregados nos procesos de traballo, reducir custos, minimizar riscos, mellorar as competencias e habilidades dos seus equipos, adquirindo novas aptitudes coas que reforzar a súa actividade e mesmo abrirse a novas liñas de negocio.

Así mesmo, desde Netcomunity colaboramos coa Sociedade Española de Bio e Neurofeedback (www.sebine.org) na realización de cursos de acreditación BCIA en Español.