Consultoría de instalacións
Volver a Servizos
Consultoría estratéxica do servizo de Bio e Neurofeedback
Ás veces, as mellores ideas nacen nun pano de mesa, charlando con amigos e compañeiros.
O que importa entón é conseguir ir do pano de mesa ao proxecto real.
Netcomunity non soamente axuda nos aspectos físicos e de deseño, ou os requirimentos técnicos, senón que ademais implicámonos coas clínicas e consultas profesionais no desenvolvemento de plans de negocio que axuden a avaliar a viabilidade do servizo.
Abarcamos, entre outros aspectos como:
- O persoal necesario para un servizo eficiente
- Os equipos e o espazo físico necesario para o servizo no momento inicial e cunha proxección a medio prazo
- A definición do investimento inicial
- As previsións de custos derivados do funcionamento do servizo
- Os posibles beneficios do servizo.
- Plan do proxecto a futuro
Consultoría de instalacións e servizos de Neuroterapias
Encargámonos de realizar o deseño físico da área así como os documentos de requisitos necesarios para levar a cabo o proxecto de reforma ou instalación de sistemas para adestramento de Neuro e Biofeedback, ou de qEEG.
Se esta pensando en iniciarse no Biobeedback ou Neurofeedback, póñase en contacto connosco e seguro que atopamos a forma de facer o seu proxecto viable.