Evidencia científica dos tratamentos

Guías de eficacia

Hai dúas guías de eficacia que adquirion un consenso internacional no campo do bio e neurofeedback que son:

Estas asociacións posúen un estricto código ético de actuación profesional e están rexidas por estándares científicos baseados no concepto de Mediciña Baseada na Evidencia (MBE). Este concepto desenvolveuse por un grupo de internistas e epidemiólogos clínicos liderados por Gordon Guyatt, da Escola de Mediciña da Universidade McMaster de Canadá. En esencia, a MBE pretende aportar máis ciencia á arte da mediciña, concepto que despois trasladadouse ao resto das disciplinas científicas como a psicoloxía clínica, sendo o seu obxectivo dispor da mellor información científica dispoñible –a evidencia– para aplicala á práctica clínica (Guerra Romero, 1996).

En función do rigor científico do deseño dos estudos, poden construirse escalas de clasificación xerárquica da evidencia, a partires das cales se establécen recomendacións respecto á adopción dun determinado procedemento médico, psicolóxico ou de intervención sanitaria en xeral (Guyatt et al., 1995; Jovell e Navarro-Rubio, 1995). Aínda hai diferentes escalas de gradación da calidade da evidencia científica (U.S. Preventive Services Task Force –USPSTF-, Scottish Intercollegiate Guidelines Network –SIGN- ou Centre for Evidence-Based Medicine (CEBM) de Oxford), todas elas son moi similares entre sí (Harbour R, Miller, 2001; Harry et al., 2001; Saha et al., 2001).

Xerarquía dos estudos de investigación

Como se observa nestas clasificacións da efectividade dos procedementos existe unha xerarquía dos estudos de investigación segundo estos poidan ser replicables, teñan un grupo control e poida ser realizada unha asignación aleatoria a un grupo control con similares características (tratamento usual ou condición sham que é unha condición simulada adecuada dentro dun marco específico de tratamento).

Esta xerarquía varía dende unha evidencia anecdótica até a equivalencia de tratamento ou superioridade de tratamento:

  1. Evidencia anecdótica

Non ten moito valor científico. Ter moitas evidencias anecdóticas non é máis convincente que ter unha única referencia.

  1. Estudos de caso non controlados

Non son moito máis valorables. Os estudos de casos son máis convincentes se hai suficientes medicións estandarizadas pre e post tratamento

  1. Control histórico

Precisa documentación extensa ao longo do tempo ou considérase así cando se consegue aliviar un trastorno extremadamente debilitante ou letal

  1. Estudos observacionais

Inclúen casos e controis, pero non están aleatorizados de modo cego. Por exemplo comparar doentes que veñen con depresión cos que non a presentan

  1. Lista de espera ou “intento de tratamento”

Os controis consisten nun grupo que recibe tratamento mentres que o que espera para recibilo serve como grupo control

  1. Replicación intrasuxeitos ou intrasuxeito

Inclúe un deseño A-B-A, no que un doente recibe a intervención A, entón a intervención B e despois de novo a A, e compáranse os resultados

  1. Cego simple con asignación aleatorizada

O grupo control recibe sham ou tratamento activo, e o doente entra cego ó tratamento. Isto prevén o sesgo do suxeito, pero non o do experimentador

  1. Dobre cego con asignación aleatorizada a grupo control, que recibe sham ou tratamento activo.

Prevén o sesgo do suxeito e o do experimentador.

  1. Equivalencia ou superioridade do tratamento

Compara un tratamento coñecido co tratamento que se investiga (por exemplo, neurofeedback vs medicación).

Divulgación

Niveis de eficacia

Estas guías especifican cinco tipos na clasificación de efectividade dos procedementos de neuro e biofeedback, dependendo da investigación acumulada que van dende “sen aval empírico” a “eficaces e específicos”.

Nivel 1 – Sen aval empírico: Tratamentos apoiados únicamente en referencias anecdóticas e estudos de casos en xornais sen revisión.

Nivel 2 – Posible eficacia. Tratamentos que foron investigados en polo menos un estudo co suficiente poder estatístico, medicións de evolución ben identificadas, pero aos que lles falta unha asignación randomizada a unha condición control interna ao estudo.

Nivel 3 – Probable eficacia. Tratamentos avaliados que mostraron producir beneficios clínicos en múltiples estudos observacionais, estudos clínicos, estudos de listaxe de espera e entre suxeitos e cos mesmos suxeitos. Os estudos de replicación entran nesta clasificación.

Nivel 4 – Eficaz. Diversos requisitos: O tratamento ten que ser significativamente superior a un grupo control aleatorizado (non tratamento, condición sham, etc.)

 

  • Os participantes teñen un problema específico definido operativamente.
  • O estudo emprega medicións de evolución claramente especificada e válida.
  • Os datos foron sometidos a unha análise de datos apropiado.
  • As variables de diagnóstico e tratamento, e os procedementos, foron claramente definidos de tal modo que permite a réplica do estudo por investigadores independentes.
  • A superioridade ou equivalencia do tratamento investigado mostraronse polo menos dous estudos realizados de maneira independente.

Nivel 5 – Eficaz e específico. O tratamento demostrou ser superior a unha terapia sham crible, medicación ou tratamento de boa fe en polo menos dous estudos realizados de maneira independente.

Niveos de eficacia na actualidade do Bio e Neurofeedback

Principais aplicacións clínicas e nivel de eficacia do tratamento con bio/neurofeedback

NIVEL 5

NIVEL 4

NIVEL 3

NIVEL 2

NIVEL 1

  • Incontinencia urinaria en mulleres
  • Ansiedade
  • Trastorno por déficit atencional e hiperactividade (TDAH)
  • Dor crónica
  • Epilepsia
  • Estrinximento en adultos
  • Dor de cabeza en adultos
  • Hipertensión
  • Problemas de movemento
  • Enfermidade de Raynaud
  • Trastorno temporomandibular
  • Alcoholismo
  • Drogadición
  • Artrite
  • Diabete mellitus
  • Trastornos fecais en nenos
  • Incontinencia fecal en adultos
  • Insomnio
  • Dor de cabeza (en nenos)
  • Lesións traumáticas cerebrais
  • Incontinencia urinaria en homes
  • Vestivulitis vulvar
  • Asma
  • Autismo
  • Parálise de Bell
  • Parálise cerebral
  • Enfermedade pulmonar obstructiva (EPOC)
  • Enfermedade arterial coronaria
  • Fibrosis cística
  • Trastornos depresivos
  • Disfunción eréctil
  • Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica
  • Distonia da man
  • Síndrome do intestino irritable
  • Trastorno de Estrés Postraumático
  • Lesións musculares por tensión crónica
  • Problemas respiratorios (respiración asistida)
  • Infartos (accidentes cardiovasculares)
  • Tinnitus
  • Incontinencia urinaria en nenos
  • Trastornos alimentarios
  • Problemas inmunolóxicos
  • Lesións de columna vertebral
  • Síncope (neurocardioxénico)

En negrita, subraiáronse as aplicacións de neurofeedback. Os niveis que encabezan as columnas se refiren ó nivel de eficacia das distintas aplicacións, que van dende o nivel 1 (sen base empírica) o nivel 5 (gran eficacia terapéutica).

Aínda que as técnicas de biofeedback, e nos últimos anos as de neurofeedback, demostraron extensamente a súa eficacia ó lo longo dos seus máis de cincuenta anos de existencia e a enorme variedade de problemas e trastornos clínicos os que terapéuticamente aplicaron, aínda persisten moitas cuestións por responder e clarificar respecto á eficacia e á eficiencia destas técnicas en sí mesmas e comparativamente coas demáis técnicas terapéuticas aplicadas a problemas clínicos similares, coas que con frecuencia se combinan para asegurar o mellor beneficio dos pacentes.